XEIDE


jueves, 15 de noviembre de 2012

jueves, 8 de noviembre de 2012

PAUTAS PARA LER NA CASA



PAUTAS PARA LER NA CASA COS NOSOS/AS FILLOS/AS

Todos os nenos e nenas deben ler na casa, dá igual o curso no que se atopen. Cada día media hora de lectura é o mínimo que se debería facer. No caso dos nosos fillos e fillas que están en Educación Primaria, non vai ser distinto, pero si é importante ter en conta algunhas pautas de lectura para que vós, pais e nais, podades ser partícipes da actividade e ao mesmo tempo lles axudedes a mellorar cada día.

O primeiro paso que imos seguir para unha lectura apropiada é buscar un sitio tranquilo onde sentarnos cos nosos fillos e fillas, non debería haber televisión, radio ou outros nenos ou nenas xogando mentres eles/as len.

Unha vez acomodados, o noso fillo ou filla vai ler en alto para nós. Ler en alto axuda tanto a unha mellor concentración por parte do neno/a como a unha atención pola nosa parte dos erros que pode cometer e ao mesmo tempo atendendo nós, non necesitamos ter a lectura feita con anterioridade, el/ela van ser os lectores, nós os que imos escoitar.

O tempo mínimo de lectura en alto debería ser media hora, despois, e xa según o neno/a, poden seguir lendo eles sós en baixo, en alto ou mesmo descansar.

Imos procurar que o momento de lectura sexa sempre o mesmo, ou polo menos como norma, aínda que de cando en vez a teñamos que variar. Eleximos unha hora na que o neno ou nena esté máis receptivo e tranquilo, pode ser un pouquiño antes da merenda, antes de ir as actividades extraescolares ou mesmo antes de durmir.

Unha vez que xa comezou a lectura imos fixarnos nos seguintes puntos:

- O neno/a debe ler nun tono normal, nin moi alto, nin susurrando.

- Cando unha palabra é moi difícil por descoñecida ou longa, non se le silabeando, mellor a lemos na cabeciña e a dicimos despois, unha vez que no pensamento xa a entendimos. Non importa en principio, o tempo que se tarde, pouco a pouco se lerá co pensamento moito máis rápido.

- Cando lean mal unha palabra, non llo pasedes, decímoslle “non” e que a lean ben, xa sabedes, primeiro co pensamento e despois coa boca.

- Os puntos e as comas son pausas e hai que facelas, doutro xeito, non entenderemos ben a frase. Ao principio, se non son capaces de facer e diferenciar as pausas podemos facelo con palmadas na mesa. Deste xeito, comezamos xa a lectura cunha man apoiada, pola palma, na mesa. No momento que hai unha coma, damos unha palmada na mesa, momento no que se descansa, e seguimos. Se a pausa é un punto, damos dous palmadas e seguimos. Podemos continuar con este método todo o tempo que queiramos, pronto os nosos fillos/as non necesitarán a palmada e farán as pautas eles sós.

- Cando acabemos a lectura, faremos algunha pregunta sobre o que leron, preguntas sinxelas que simplemente nos orienten sobre o que entenderon ou non.

Cada neno/a ten o seu ritmo, o que un pode ler en media hora, outro pode que tarde 15 minutos. Agora mesmo non nos importa a cantidade senón a calidade, que lean ben, seguros, sen silabear, facendo pausas e entendendo o que len. Máis adiante, cando xa teñan un bo ritmo e unha velocidade boa, faremos outro tipo de exercicios.




LEMBRADE:



Media hora de lectura diaria, sempre diante dun adulto. Os nenos/as se sentirán importantes, acompañados/as, escoitados/as e vós seguiredes dunha forma directa os progresos dos vosos/as fillos/as.

A lectura é a base para calquera materia, habendo unha boa lectura, non ten porque haber problemas no resto.



BOA LECTURA!





martes, 6 de noviembre de 2012

COMANDO VERDE EN CEIP REIBÓN


O Comando Verde de Reibón xa está en marcha.
E que é o Comando Verde?
Un grupo de nenas e nenos que velarán por que todo o alumnado do colexio teña un recreo feliz e tranquilo.
Un recreo no que todos e todas disfruten, xoguen, falen, corran, descansen, desconecten.
O Comando Verde vai observar, apuntar e decidir que cousas fan que o recreo sexa un momento feliz ou que o recreo sexa un momento de mal ambiente.
Observamos, anotamos, decidimos e melloramos a convivencia do noso recreo.
Porque o recreo é para todos e todas, dende os pequeniños de tres anos ata os mestres e mestras, pasando polos nosos futuros graduados en Primaria, os de sexto.
Estade atentos,
 Comando Verde vainos axudar para ter unha
 MOI BOA CONVIVENCIA.

FELIZ RECREO A TODOS/AS.