Ola a todos e todas os que ledes este blog:
O Departamento de Orientación do CEIP Sárdoma-Moledo vai propoñer unha actividade compartida entre a escola e a familia para o uso das Intelixencias Mültiples das que deixou constancia Howard Gardner.
Cada mes enviaremos para casa e colgaremos no blog un calendario cunha actividade diaria a facer na escola en na casa.
Por suposto non é obrigatorio, pero podemos pasar un bo rato se as practicamos, estimulando o traballo e comunicación entre o alumnado, o profesorado e as familias.
Este mes, xaneiro xa vai tarde, pero aínde temos días para facer a actividad que nos toque.
Empezamos mañá luns 23 de xaneiro coa actividade que nos toque:
Animádevos! Seguro resulta divertido.
Mar