ESTRATEXIAS PARA ALUMNADO CON DISLEXIA.
SETE PUNTOS A TER EN CONTA POLO PROFESORADO.
Estratexias
válidas para todos os niveles, xa que os alumnos e alumnas disléxicos necesitan
un método diferente de aprendizaxe.
Estas
pautas axudarán a evitar trastornos asociados como problemas de conducta, fobia
escolar, ansiedade….
O primeiro
a ter en conta:
Que os
demáis entendan o problema do compañeiro/a para que non vexan as actividades
como privilexios, senón como un dereito ou necesidade educativa especial.
Por
exemplo, pódese facer un traballo de Investigación en grupos con personaxes
coñecidos como Einstein, Tom Cruise, Bill Gates… que eran disléxicos.
Tamén
resultará positivo para o alumnado afectado na súa autoestima coñecer
personaxes de prestixio coa mesma problemática.
O segundo
a ter en conta:
Traballar sempre coa axenda na que o alumnado poda ter
datas por exemplo de exames cunha semana de antelación para non sufrir
presiones á hora de abordar o seu traballo. Esto está xustificado porque os
disléxicos teñen moitos problemas coa memoria a curto prazo, de feito em moitas
ocasións a dislexia vem acompañada dun Déficit de Atención.
O terceiro
a ter en conta:
No caso de que coexista com disgrafía, é interesante
que usen o ordenador por exemplo para presentar os seus traballos.
O cuarto a
ter en conta:
É convinte para unha evolución satisfactoria poder
traballar em estreita relación entre escola e profesionais como a Orientadora
do Centro ou gabinetes externos de ser necesario.
O quinto a
ter en conta.
Evitaremos
no posible correxir en vermello e tamén a corrección sistemática dos seus erros
na escritura.
O sexto a
ter en conta:
Libros de lectura adecuados ao seu nivel lector,
mellor que o elixa o alumno ou alumna. O importante é que o alumnado con
dislexia sinta curiosidade e motivación polo mundo das letras xa que para eles
é moi complicado ler e ter unha comprensión do texto ao mesmo tempo. Se lle
facilitamos un material por enriba das súas posibilidades, o único que
conseguiremos é alimentar a súa fobia e frustración en relación á lectura.
O séptimo
a ter en conta:
Máis tempo nas probas escritas e sempre que sexa
posible entregarlles as preguntas xa escritas para non ter que copialas da
pizarra xa que para eles é um sobreesfuerzo agotador porque o seu trastorno
radica en coñecer como soa cada letra e que grafía lle corresponde.