XEIDE


jueves, 26 de septiembre de 2013

TRABALLANDO COA DISLEXIA.



ESTRATEXIAS PARA ALUMNADO CON DISLEXIA.
SETE PUNTOS A TER EN CONTA POLO PROFESORADO.


Estratexias válidas para todos os niveles, xa que os alumnos e alumnas disléxicos necesitan un método diferente de aprendizaxe.
Estas pautas axudarán a evitar trastornos asociados como problemas de conducta, fobia escolar, ansiedade….



O primeiro a ter en conta:

Que os demáis entendan o problema do compañeiro/a para que non vexan as actividades como privilexios, senón como un dereito ou necesidade educativa especial.
Por exemplo, pódese facer un traballo de Investigación en grupos con personaxes coñecidos como Einstein, Tom Cruise, Bill Gates… que eran disléxicos.

Tamén resultará positivo para o alumnado afectado na súa autoestima coñecer personaxes de prestixio coa mesma problemática.



O segundo a ter en conta:


Traballar sempre coa axenda na que o alumnado poda ter datas por exemplo de exames cunha semana de antelación para non sufrir presiones á hora de abordar o seu traballo. Esto está xustificado porque os disléxicos teñen moitos problemas coa memoria a curto prazo, de feito em moitas ocasións a dislexia vem acompañada dun Déficit de Atención.



O terceiro a ter en conta:

No caso de que coexista com disgrafía, é interesante que usen o ordenador por exemplo para presentar os seus traballos.

O cuarto a ter en conta:

É convinte para unha evolución satisfactoria poder traballar em estreita relación entre escola e profesionais como a Orientadora do Centro ou gabinetes externos de ser necesario.

O quinto a ter en conta.

Evitaremos no posible correxir en vermello e tamén a corrección sistemática dos seus erros na escritura.




O sexto a ter en conta:

Libros de lectura adecuados ao seu nivel lector, mellor que o elixa o alumno ou alumna. O importante é que o alumnado con dislexia sinta curiosidade e motivación polo mundo das letras xa que para eles é moi complicado ler e ter unha comprensión do texto ao mesmo tempo. Se lle facilitamos un material por enriba das súas posibilidades, o único que conseguiremos é alimentar a súa fobia e frustración en relación á lectura.

O séptimo a ter en conta:


Máis tempo nas probas escritas e sempre que sexa posible entregarlles as preguntas xa escritas para non ter que copialas da pizarra xa que para eles é um sobreesfuerzo agotador porque o seu trastorno radica en coñecer como soa cada letra e que grafía lle corresponde.