XEIDE


martes, 14 de abril de 2020

Rumbo ao terceiro trimestre

Ola familias e alumnado:
Xa sen case decatarnos, estamos no terceiro trimestre do curso. As especiais circunstancias nos piden que sigamos na casa para non expandir un virus novo que é perigoso para a nosa saúde.

Que podemos facer na casa cos nosos fillos ou fillas?

O importante é sempre a presencia de HÁBITOS, rutinas que axudan a pasar o día o mellor posible.
En Saladino Cortizo o profesorado está a realizar un tremendo esforzo para que todos os nenos e nenas teñan traballo na casa, polo que esa podería ser unha das rutinas diarias.
É importante ter un horario, os traballos deben facerse sempre á mesma hora, e mellor pola mañá, de modo que chegado un tempo, o noso corpo xa pide facer actividades á mesma hora de sempre.

Ademáis das actividades do cole, é importante ler algo que nos entreteña, pode ser calquera tipo de lectura que sexa axeitada aos gustos dos nosos fillos e fillas.

É importante manter o horario de comidas, e facer comidas sanas para que a tarde non se faga moito máis pesada. Aproveitamos as comidas para falar en familia, comentar sobre os temas que nos interesen e tamén aprender ou repasar hábitos de comportamento na mesa.

Pola tarde é importante un descanso, no que podemos tomar unha pequena siesta, ver unha película en familia....
Sería importante facer un pouquiño de exercicio na casa, xogar xogos que pidan un pouco de movemento ou simplemente brincar un anaco de tempo, controlado, para desfogar esa enerxía que non podemos soltar ao non salir á rúa.

As tecnoloxías neste momento parece que non podemos evitalas, todos e todas estamos conectados e conectadas a través de montones de medios, por eso podedes aproveitar para que os vosos fillos e fillas falen con alguén polo móvil e poidan ver a xente coñecida de modo virtual e desa forma saber que todos e todas seguimos estando aquí, ao outro lado das pantallas.
Os hábitos de sono son tan importantes ou máis que a comida, de modo que o ideal sería que tiveran un horario de sono que non cambie cada día porque ao final o que chegaremos a conseguir será que non sexan capaces de durmir ben e todo se vexa moito por ao día seguinte.


A hora de ir para a súa cama sería o mellor momento para compartir un pequeno libro ou ler un pouquiño cada un e deste xeito intentar que a entrada na noite sexa tranquila e chea de agarimo.

Deixo estos consellos para que deles saquedes o que máis vos guste ou a partir deles fagades vós outras normas ou hábitos que se vos ocurran.

Xa queda menos!