XEIDE


miércoles, 26 de octubre de 2011

COMEMOS BEN!

E eu pregunto: comedes ben? Ben non é moita cantidade, senón cousas sanas como legumes, froitas, verduras, cereais, lácteos e poucas chucherías!
O almorzo é a principal comida do día.... e por qué? Pois moi fácil, porque cando despertamos pola mañá levamos xa un montón de tempo sen comer e o noso organismo necesita enerxía para ir ao cole, ler, escribir, estudar, facer murais, correr no recreo e ata o mediodía non facemos unha comida completa de novo.
No recreo debemos levar sempre algo para comer, non se trata de levar moita comida porque chegaremos ás dúas sen fame, pero se pode levar froita, lácteos ou algo que nos guste pero que non sexan chuches .
Pola tarde é importante comer algo, por exemplo un bocata e froita, que non sexa moi tarde e o mesturemos coa cea.
Antes de cear e según costumes, podemos darnos unha duchiña, senta tan ben!!!!, quedamos fresquiños e limpiños porque o noso corpo está todo o día en contacto co pó, suamos....... e o agradece un montón. Hai persoas que prefiren a duchiña pola mañá, pero eu penso que pola noite permítenos descansar moito mellor.
A cea lixeiriña, non podemos cear un polo asado, a nosa barriguiña iría chea de alimentos para a camiña e non poderíamos durmir ben. Pode ser por exemplo un colacao con galletas!!!! MMMMMmmmmmm! Que rico!
Debemos acostarnos prontiño, un neno ou nena de primeiro ten que durmir polo menos 10 horiñas para estar ao día seguinte cheo de enerxía e ledicia para empezar un novo día.
Ben!!! Agora tócavos a vós traballar, a mestra Auri que estará no meu lugar unha tempada axudaravos moito a comprender todas estas cousiñas que eu vos digo.
Biquiños e ata pronto.
Mar.