Ola nenos e nenas de 1º B, os meus alumnos e alumnas, os máis espilidos da escola. Estou francamente abraiada e moi satisfeita dos vosos traballos, realmente son murais preciosos. Espero que ademais dos murais aprendérades moitísimo sobre os temas que mostrades e para comprobalo, gustaríame ver os vosos comentarios-resumo do que fixestes durante todos estos días nos que está clarísimo o moito que traballades.
FELICIDADES POLO VOSO TRABALLO.
PAPÁS E MAMÁS DISFRUTADE DO QUE FAN OS VOSOS FILLOS E FILLAS NA AULA.
GRACIAS PROFE AURI POR FACELO POSIBLE MENTRES A MESTRA MAR SE RECUPERA.
A PIRÁMIDE ALIMENTARIA
O ASEO
O DESCANSO
AS PRENDAS DE VESTIR
O DEPORTE
A MESA PARA XANTAR.
OS RESULTADO FINAIS DO NOSO ESFORZO
E O QUE TEMOS QUE ESTUDAR E SABER MOI BEN:
1.-Unha dieta equilibrada inclúe alimentos de todos os grupos.
Temos que beber 4 vasos de auga ao día
2.-É necesario durmir para repoñer enerxía. Hai que durmir 8 horas diarias
As mantas e as sabas fan confortable a cama
3.-Ben aseados sentímonos mellor e respectamos aos demais
Temos que lavar os dentes, as mans,peitearnos...
4.-Algúns alimentos cocíñanse .... o garfo, a culler e o coitelo axúdanos a comer
5.-O deporte ensínanos a respectar aos demais-
A roupa protexe o noso corpo