AXÚDALLES A MEDRAR.
Os nosos fillos e fillas van medrando e comezan a ser autónomos. Ser autónomo é ter a
capacidade para tomar as súas propias decisión, guiar a súa conduta e aceptar
as consecuencias do que fan, pensan e din.
Os nenos e as nenas aprenderán a ser
autónomos por imitación do adulto, pola aprobación social e enfrontándose a
situacións nas que teñen que ser responsables.
Os nenos e nenas necesitan unhas normas claras que lles axuden
a asumir responsabilidades.
Aos 3 anos imitan
o comportamento dos adultos e aínda non comprenden as normas, actúan en función
do premio e do castigo. Poden: gardar xoguetes, recoller xoguetes, ter en orde
as súas cousas, poner na mesa o seu plato…. aprender a espirse só, pode comer
só sen mancharse moito e pode lavar e secar as mans.
Aos 4-5 anos. Xa
pode abotoarse case todos os botón, lava e seca a cara, comeza a asimilar e
respectar as normas, pode recoller a mesa e preparar a súa roupa.
Aos 6-7 anos: Xa
segue as normas e comprende o que lle piden, comeza a ser responsable, podemos
pedirle pequeñas responsabilidades, pódese peitear e duchar só. Recoñece entre
o ben e o mal, aprende a resolver conflictos cos amigos e amigas.
Aos 8-9 anos: Xa
pode preparar o seu almorzó, lavarse e aclarar o pelo con supervisión, preparar
a merenda, elexir a roupa dacordo coas circunstancias.
A partires dos 9 anos:
Xa é bastante autónomo nas súas intencións e responsabilidades. Xa pode tomar
algunha decisión, encargarse dalgunha tarefa doméstica….
A TELEVISIÓN, AS MAQUINIÑAS, O ORDENADOR.
Os nosos fillos e fillas medran rodeados de tecnoloxía. En
idades moi temperás o que nós tivemos de adultos, eles xa o teñen, móbil,
ordenador, televisión…. Toda a tecnoloxía axuda a medrar, pero sempre que non
se abuse dela.
A TELEVISIÓN: Un consello: NON TER TELE NO CUARTO!Usarémola
como un período curto de descanso e desconexión, e sempre que antes fixeran os
seus traballos diarios. Por exemplo: Deberes, lectura, xogos ao aire libre,
ducha , cea e un anaquiño de tempo de tele, pode ser media hora. Evitar que o
neno ou nena durma coa tele encendida, o cerebro desconecta do día e comeza a
noite coa oscuridade e o silencio. Se hai medo usamos unha pequeña luceciña
mentras non durme.
A hora de durmir debe ser sempre a mesma, despois de tarefas
relacionadas co momento, preparación da mochila do cole, preparación da roupa
do día seguinte, un pouquiño de lectura… de forma que o cerebro empeza a
cambiar do día para a noite e se prepara
para durmir. Non facer tarefas moi movidas, estresantes…. Un neno ou nena de
primaria debe durmir en torno ás dez horas.
AS MAQUINIÑAS: A play, Xbox, nintendo son xoguetes
e nalgúns casos son bos para o desenvolvemento do neno ou nena no que se refire
a psicomotricidade fina…., pero por ser xogos individuais, non promoven a
socialización, por eso debemos ser cautos. O mellor e usalos como reforzos
positivos e durante a fin de semana.
O ORDENADOR: Coidado! Internet é perigoso para os
nosos fillos e fillas se non vixiamos os contidos. Nunca deixaremos ao neno ou
nena só usando a rede, aplicaremos o control parental nos ordenadores ao seu
alcance…. Lembrade sempre que: AS REDES SOCIAIS TIPO TUENTI, FACEBOOK….TEÑEN
IDADE DE USO PROTEXIDA POLA LEI. Non se poden usar sen supervisión de adultos
antes dos 16 anos.
O MÓBIL: Os nenos e nenas de Primaria non precisan
ter móbil. Os país e nais xa nos encargamos de recollelos, levalos…, e se algo
pasa na escola, os mestres e mestras chaman a casa.
AXUDÉMOS AOS NOSOS
FILLOS E FILLAS A MEDRAR NO SEU TEMPO, NIN MOI TARDE NIN ANTES.
A NENEZ É UNHA ETAPA QUE NON SE REPITE, PERO
TAMPOUCO É INTERMINABLE.