que é a dislexia?
Dificultade para aprender a ler de forma
fluida. Sendo nenos e nenas intelixentes, con motivación e escolarización
normais, cóstalles moito a lectura, é lenta e con moitos erros.
Erros
máis comúns:
- Omisións de letras ou sílabas.
- Sustitucións (ler unha letra por outra)
- Inversións (cambiar orde de letras e sílabas)
- Unión e fragmentación de palabras.
- Rectificacións, vacilacións e saltos de liña durante a lectura.
- Por todo esto, a comprensión tamén é mala.
- É o trastorno específico de aprendizaxe máis frecuente nos escolares, moitas veces causa de fracaso escolar e ten moita influencia no desenvolvemento emocional do neno ou nena e de toda a familia.
CAL É A CAUSA?
Non se sabe a causa na actualidade. Según investigacións é
un proceso de índole neurobiolóxico con base xenética.
TEN RELACIÓN CON OUTROS TRASTORNOS?
Moitas veces a
dislexia está asociada a outros trastornos:
- TDAH
- DISGRAFÍA
- DISORTOGRAFÍA
- DISCALCULIA
- TRASTORNO DO DESENVOLVEMENTO DA COORDINACIÓN.
COMO AXUDAR A UN NENO
OU NENA DISLÉXICO?
O primeiro paso ante a dúbida é un bo diagnóstico. Hoxe en día
existen probas moi fiables para conseguir un diagnóstico preciso.
O diagnóstico ten que
facelo o especialista axeitado: Psicopedagogo, Neuropediatra.
A continuación todas
as persoas involucradas na aprendizaxe deben ter coñecemento do diagnóstico,
dende os pais e nais, pasando polos mestres e mestras e chegando ao propio neno
ou nena.
Ao longo dos primeiros
ciclos da Educación haberá un entreno intenso para a adquisición da conciencia
fonolóxica, é dicir a correspondencia grafema-fonema.
Para mellorar a lectura o mellor é PRACTICAR. Tendo en conta o
esforzo que supón a lectura para un neno ou nena con dislexia, temos que facer
fácil a tarefa sen forzar, é necesario que lean as palabras máis veces para
poder recoñecelas.
Nos últimos ciclos o tratamento estará baseado en buscar
estratexias para compensar as dificultades adaptando a metodoloxía, a avaliación…é
dicir darlle máis tempo, uso de programas informáticos, contar menos as faltas
de ortografía…
ASÍ VEN O TEXTO OS NENOS E NENAS CON DISLEXIA.
OS NENOS E NENAS DISLÉXICOS SINTEN QUE FRACASAN AÍNDA QUE
SE ESFORCEN E POR ISO PODEN SENTIR ANSIEDADE, DEPRESIÓN E NALGÚNS CASOS
TRASTORNOS DE CONDUCTA.