XEIDE


martes, 19 de marzo de 2013

AXÚDALLES A MEDRAR.


                         AXÚDALLES A MEDRAR.

Os nosos fillos e fillas van medrando e comezan a ser autónomos. Ser autónomo é ter a capacidade para tomar as súas propias decisión, guiar a súa conduta e aceptar as consecuencias do que fan, pensan e din. 
Os nenos e as nenas aprenderán a ser autónomos por imitación do adulto, pola aprobación social e enfrontándose a situacións nas que teñen que ser responsables.
Os nenos e nenas necesitan unhas normas claras que lles axuden a asumir responsabilidades.
Aos 3 anos imitan o comportamento dos adultos e aínda non comprenden as normas, actúan en función do premio e do castigo. Poden: gardar xoguetes, recoller xoguetes, ter en orde as súas cousas, poner na mesa o seu plato…. aprender a espirse só, pode comer só sen mancharse moito e pode lavar e secar as mans.
Aos 4-5 anos. Xa pode abotoarse case todos os botón, lava e seca a cara, comeza a asimilar e respectar as normas, pode recoller a mesa e preparar a súa roupa.
Aos 6-7 anos: Xa segue as normas e comprende o que lle piden, comeza a ser responsable, podemos pedirle pequeñas responsabilidades, pódese peitear e duchar só. Recoñece entre o ben e o mal, aprende a resolver conflictos cos amigos e amigas.
Aos 8-9 anos: Xa pode preparar o seu almorzó, lavarse e aclarar o pelo con supervisión, preparar a merenda, elexir a roupa dacordo coas circunstancias.
A partires dos 9 anos: Xa é bastante autónomo nas súas intencións e responsabilidades. Xa pode tomar algunha decisión, encargarse dalgunha tarefa doméstica….



A TELEVISIÓN, AS MAQUINIÑAS, O ORDENADOR.
Os nosos fillos e fillas medran rodeados de tecnoloxía. En idades moi temperás o que nós tivemos de adultos, eles xa o teñen, móbil, ordenador, televisión…. Toda a tecnoloxía axuda a medrar, pero sempre que non se abuse dela.
A TELEVISIÓN: Un consello: NON TER TELE NO CUARTO!Usarémola como un período curto de descanso e desconexión, e sempre que antes fixeran os seus traballos diarios. Por exemplo: Deberes, lectura, xogos ao aire libre, ducha , cea e un anaquiño de tempo de tele, pode ser media hora. Evitar que o neno ou nena durma coa tele encendida, o cerebro desconecta do día e comeza a noite coa oscuridade e o silencio. Se hai medo usamos unha pequeña luceciña mentras non durme.
A hora de durmir debe ser sempre a mesma, despois de tarefas relacionadas co momento, preparación da mochila do cole, preparación da roupa do día seguinte, un pouquiño de lectura… de forma que o cerebro empeza a cambiar do día  para a noite e se prepara para durmir. Non facer tarefas moi movidas, estresantes…. Un neno ou nena de primaria debe durmir en torno ás dez horas.
AS MAQUINIÑAS: A play, Xbox, nintendo son xoguetes e nalgúns casos son bos para o desenvolvemento do neno ou nena no que se refire a psicomotricidade fina…., pero por ser xogos individuais, non promoven a socialización, por eso debemos ser cautos. O mellor e usalos como reforzos positivos e durante a fin de semana.
O ORDENADOR: Coidado! Internet é perigoso para os nosos fillos e fillas se non vixiamos os contidos. Nunca deixaremos ao neno ou nena só usando a rede, aplicaremos o control parental nos ordenadores ao seu alcance…. Lembrade sempre que: AS REDES SOCIAIS TIPO TUENTI, FACEBOOK….TEÑEN IDADE DE USO PROTEXIDA POLA LEI. Non se poden usar sen supervisión de adultos antes dos 16 anos.
O MÓBIL: Os nenos e nenas de Primaria non precisan ter móbil. Os país e nais xa nos encargamos de recollelos, levalos…, e se algo pasa na escola, os mestres e mestras chaman a casa.





AXUDÉMOS AOS NOSOS FILLOS E FILLAS A MEDRAR NO SEU TEMPO, NIN MOI TARDE NIN ANTES.

 A NENEZ É UNHA ETAPA QUE NON SE REPITE, PERO TAMPOUCO É INTERMINABLE.