O noso novo traballo de investigación foi O CLIMA e con el aprendimos un montón de cousas que non sabiamos e ampliamos outras que xa coñecíamos.
Aprendimos por exemplo que :
A temperatura mídese co termómetro.
A cantidade de auga que cae mídese co pluviómetro.
A velocidade do vento midese co anemómetro.
A dirección do vento indícanola o catavento.
Sabemos que clima e tempo atmosférico non é o mesmo, xa que clima é o tempo atmosférico que predomina nunha zona ao longo do tempo.
Agora xa lle damos máis importancia ás estacións e incluso sabemos nas datas aproximadas que dan comezo e así temos:
Primavera: 21 de marzo. Temperaturas suaves e precipitacións frecuentes. Florecen as plantas e se reproducen moitos animais.
Verán: 21 de xuño. Temperaturas elevadas e precipitacións escasas. Maduran os froitos e COIDADO! O RISCO DE INCENDIO É MOI ALTO.
Outono: 23 de setembro. As temperaturas van descendendo e as precipitacións son frecuentes. As árbores de folla caduca perden as súas follas.
Inverno: 21 decembro. Temperaturas moi baixas e precipitacións en forma de neve. Algúns animais emigran a zonas máis calorosas e outros hibernan.
O clima en Galicia depende da zona.
Na costa as temperaturas son suaves e as precipitacións abundantes.
No interior os veráns son calorosos e os invernos fríos. Precipitacións menos abundantes.
Nas montañas as temperaturas son máis baixas e as precipitacións frecuentes igual que as nevadas e xeadas.
Aprendimos a facer gráficos de temperaturas, precipitacións...... sobre todo collendo os datos deste blog.
Que máis investigamos? Deixade os vosos comentarios.