Imos estudar algunhas cousas importantes que chegaron ata nós e que foron feitas por persoas que viviron vai moitos séculos.
OS CASTROS. O CASTRO DE VIGO.
Os castros foron habitados hai máis de 2000 anos. Os castreses vivían en casas circulares, e tamén rectangulares feitas de pedras e con tellado de palla. Na ría de Vigo hai 28 castros.
Nas casas reconstruidas do Castro de Vigo vemos como os castreses cociñaban en lareiras, tiñan almacéns para gardar o gran, corrales para os animais pequenos como as galiñas, ánforas para transportar aceite, lucernas para iluminar e algúns utensilios como serras. Tamén tiñan saunas, pero non eran para relaxarse, eran para facer rituais que tiñan nese momento.
A TORRE EIFFEL
A Torre Eiffel está en París, que é a capital de Francia. A Torre Eiffel foi diseñada por un enxeñeiro chamado Gustave Eiffel no ano 1889, que é o século XIX, é dicir que esta torre xa ten case dous séculos.
Mide 330 metros de altura e é unha estructura de ferro.
As persoas que a construiron tardaron dous anos, dous meses e cinco días en facelo.
A GIOCONDA OU MONA LISA
Leonardo Da Vinci pintou a Gioconda no ano 1500, é decir, no século XVI, hai xa cinco séculos, cincocentos anos.
É o retrato dunha dama sentada nun sillón e o máis interesante do cadro é o sorriso da dama, que din que é moi enigmático.
Se queremos ver este cadro, teríamos que ir ao Museo do Louvre que está en París de onde unha vez o roubaron pero que foi atopado dous anos despois. Leonardo da Vinci foi un home que estudou moitísimas cousas, matemáticas, xeometría, ciencias, arquitectura, enxeñería… e fixo cadros e outras obras importantes