XEIDE


viernes, 15 de octubre de 2010

Visitas profesionais.

Hoxe Lorena contounos como traballa unha Bióloga nun hospital, explicounos por que é tan importante que ás veces nos pinchen para sacar sangue e mirar como está funcionando o noso organismo. Foi moi interesante e agora xa entendemos un pouquiño mellor que paga a pena un pinchaciño de cando en vez para saber o sans que estamos.




Ademáis Fátima e Carmen explicaron tamén como se vive e como se traballa nunha residencia para persoas maiores. Fátima é auxiliar nunha residencia de Vigo e Carme vive nesa residencia. Con elas aprendimos a querer máis aos nosos maiores, e tamén aprendimos que cando Carmen era pequena, xogaba cuns xoguetes feitos por ela mesma ou polos seus irmáns xa que daquela non coñecían as maquiniñas que agora algunhas veces non nos deixan desenvolver a nosa imaxinación. Foi moi bonito e emotivo.