XEIDE


viernes, 15 de octubre de 2010

A respiración



O segundo tema de Coñecemento foi a respiración e o aparato circulatorio e hoxe empezamos as exposicións orais en grupo. A verdade é que aprendimos moitas cousas do misterioso interior do noso organismo e o máis interesante é que as aprendimos investigando nós sós, buscando información na internet, en libros, preguntando e sobre todo traballando xuntos. Estas fotos son o resumo dos resultados, un montón de esforzos recompensados co mellor que temos: a capacidade de aprender.



 Estela, Alexandre, Nicolás e Joel explicaron perfectamente por exemplo o recorrido que fai o aire dende que entra polas fosas nasais. Tamén aprendimos con eles como se producen os latexos do corazón.




 Carina, Sergio, Pedro, Rosa e Rubén nos explicaron entre outras cousas a diferenza entre venas e arterias, como funcionan os pulmóns e  como expoñer un tema con soltura e seriedade.











 Simón, Bruno, Natalia e María nos explicaron ademáis que aínda que as persoas poden pasar algúns días sen comer e sen durmir, o que non poden facer e pasar sen respirar. Fixeron un traballo moi elaborado onde incluso mostraban como se producen os latexos do corazón.








Xoán, Lucía, Juan e Lara fixeron tamén un moi bo traballo, só hai que ver as imaxes para decatarse que saben perfectamente como o sangue recorreo o noso organismo e ademáis como o aire pasa dende as fosas nasais ata os pulmóns.








FELICIDADES A TOD@S!