Aquí estamos xa por fin. Hoxe foron as exposicións e os resultados tan brillantes coma sempre. Aprendimos moitas cousas interesantes. As mulleres e os homes nos diferenciamos por exemplo polo timbre da voz, porque os homes teñen máis pelo ou porque temos aparatos reproductores distintos.
Alexandre, Joel, Nicolás e Estela explicaron entre outras moitas cousas que o aparato reprodutor masculino está formado polo pene e os testículos e que nestes últimos é onde se forman os espermatozoides. Foi moi interesante e o fixeron moi ben. Canto aprendimos con eles! Moi ben, pequenos investigadores/as.
Simón, Bruno, María e Natalia explicaron como a unión dun espermatozoide e un óvulo dá lugar a un novo ser, e como este novo ser que primeiro se chama feto, está nove meses crecendo no ventre da súa nai.
Tamén representaron no seu mural unha bolsa de líquido amniótico e a verdade e que levaron unha boa notae un gran aplauso. Moi ben, pequenos investigadores/as.
Xoán, Juan, Lucía, Carina e Lara explicaron cal son os símbolos dos homes e cal son os símbolos das mulleres, ademais de contar cal é o percorrido un espermatozoide dende o útero ata que fecunda o óvulo. E aprendimos que só un espermatozoide chega ao seu destino, o óvulo para formar un novo ser. Tamén dixeron que hai partos especiais, que se chaman cesárea e que neles, o bebé en vez de sair pola vaxina, sae por un pequeno corte que fai o médico no ventre da nai. E tamén que pola placenta chegan os nutrientes ao feto. Que ben o fixeron, os entendimos perfectamente. Moi ben, pequenos investigadores/as.
Rosa,Pedro, Sergio e Rubén contaron que o aparato reprodutor feminino estaba formado pola vaxina, o útero, as trompas de falopio e os ovarios. Que nos ovarios é onde están os óvulos e que no útero é onde crece o futuro bebé. Ademáis aprendimos que o aparato reprodutor masculino é externo, e polo contrario o feminino é interno na súa maioría. Que forma de explicarse, nótase ben que son uns bos investigadores. Moi ben, pequenos investigadores/as.