XEIDE


lunes, 15 de noviembre de 2010

Muiños en Galicia. Por Juan.

VEXAMOS ESTE VIDEO FEITO TAMÉN POR JUAN



OS MUIÑOS DO CASTRO -  ATIOS-PORRIÑO

Antigamente os vecinos de Atios, non tiñan muiños eléctricos, polo que tiñan que moer nestes muiños que funcionan coa forza da auga procedente dunha presa, neste caso chamada "Presa do Monte”.
Había 26 muiños en  toda esta zona,  cada un correspondía  a 20 familias.  De cada vez que se moía, sacaban tres productos:
-Oleo: fariña moi miúda, que se utilizada para mezclar con leite para críar os meniños.
-Fariña para facer Pan de Millo.
-Picón: a fariña máis grosa que se utilizaba para o alimento dos animáis.
Era típico naquela época que a xente cantase cantigas tradicionais mentres esperaba que se moera o millo. Ahí vai unha delas:
Miña sogra cando mexa
sete muiños vota a andar
caramba pa miña sogra
que maneira de mexar…