XEIDE


miércoles, 24 de noviembre de 2010

OS SERES VIVOS

O noso novo tema é "Os seres vivos". Só temos que ver as imaxes para saber canto aprendimos investigando sobre mofos, fungos, animais en perigo de extinción, bacterias, virus, líquenes e tantas outras cousas que nos contaron os nosos investigadores e investigadoras.
Pero neste tema quixera variar a forma de presentalo no blog, gustaríame moito que unha vez que vexades as imaxes, escribades comentarios sobre cousas que lembrades que aprendestes nas exposicións, imos facer pequenos resumos e colgalos nos nosos comentarios e a partires deles, faremos o tema de novo debaixo das fotos.
Espero os vosos comentarios para facer o tema nesta entrada. Xa sabedes cal son os deberes do próximo fin de semana, verdade?
Veña chicos e chicas, a traballar!!!